top of page
  • CONTEXTO DO PROXECTO

 

Esta proposta está centrada nun Centro de Educación Infantil e Primaria, enfocado nun aula de 5º de Primaria. No terceiro ciclo unha das metas é chegar nas mellores condicións á Educación Secundaria para garantir a súa superación sen dificultades. Por iso, e dado na era de avance tecnolóxico na que nos atopamos, cremos que é conveniente elaborar un proxecto que introduza as novas tecnoloxías do mellor modo posible. 

Tamén tivo un papel principal o uso da lingua galega, o seu fomento e a súa comprensión. 

  • OBXECTIVOS

 

  1. Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

  2. Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e desenvolver os hábitos de lectura.

  3. Iniciarse na utiliación, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.

bottom of page